Tamén coñecida como a Bruxa de Positano tras o filme de 1965 do mesmo nome que afondaba na súa vida. Bailarina, pintora, ilustradora e, fundamentalmente, musa e lenda da bohemia dos 50 e 60.
Chamana feiticeira de pelo vermello, defensora do ecoloxismo e amante dos animais - chegou a acubillar bechos de distintas especies na súa casa de Positano en Italia. Hai fotos de Vali con galiñas, serpes, sapos, curuxas e o seu raposo Foxy, entre outros.
Nada en Australia, viviu en Paris, tamén en Nova Iorque, no Hotel Chelsea, onde residía Patti Smith,a quen lle tatuou o lóstrego que loce nun xeonllo. Vali chegaría a tatuarse a súa propia cara.
Falecida a causa dun cancro no 2003, segue a embruxar a moitos, entre os que me conto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario