martes, 21 de junio de 2016

Bruxas da cerca

Tamén coñecidas como as que cabalgan a cerca, as viaxeiras da noite, as camiñantes do vento. Son as bruxas tradicionais que viven nas aforas, no bosque.
Son curandeiras, están en contacto coa natureza e coñecen as herbas, os remedios.
Son xamanas, atravesan sen dificultade ao mundo dos espíritos. A cerca simboliza a fronteira entre este mundo e o outro. A cerca exerce, así mesmo, como elemento de protección. Cruzar a cerca é un xeito de referirse ao voo, á viaxe astral, axudándose da meditación, da hipnose, dos soños lúcidos e de estupefacientes como a beladona.

No hay comentarios:

Publicar un comentario